domingo, 10 de junio de 2012

Presentación do proxecto R.A.F.E.G.

Por definición Biodiversidade galega fórmana un grupo de naturalistas, biólogos e afeizoados á natureza que desexan crear unha plataforma en internet para a profundizar no coñecemento da Biodiversidade de Galicia. Pretendemos agrupar os esforzos de calquera persoa ou entidade que desexe aportar información e coñecemento sobre a biodiversidade galega.
Dentro das actividades que Biodiversidade galega quere promover hai unha que está a piques de comezar:

- Rexistro de atropelos de fauna nas estradas galegas (RAFEG de agora en diante)

O RAFEG é unha iniciativa que, a título persoal ou como parte de outros estudos, vense facendo desde fai tempo por outras persoas ou entidades (nas nosas universidades hai persoas interesadas en determinadas especies, xéneros, familias, etc…). O que nós pretendemos e extender este rexistro para que poda ser feito por toda persoa que estea interesada en colaborar, centralizar a información e poñela a disposición dos estudosos, institucións e dos naturalistas en xeral.
Biodiversidade galega, como plataforma dinamizadora e integradora que pretende ser, pedirá a colaboración de outros blogs naturalistas galegos para axudar na recolla de datos, procesáraos e periodicamente enviaralles a información para que clicando sobre a imaxe do RAFEG calquer lector dos seus blogs teña acceso aos datos xerais actualizados.
Cada ano millóns de vertebrados, e probablemente un número  incalculable de invertebrados, morren atropelados nas estradas.  Na actualidade, os atropelos constitúen unha das principais causas de mortaldade non natural de algunhas das especies, moitas delas especies protexidas  e/ou ameazadas.

En Biodiversidade Galega queremos coñecer cal é a situación desta problemática  en Galicia co gallo de solicitarlle á administración, naqueles casos que se considere oportuno, medidas correctoras necesarias.

Para iso elaboramos un modelo de ficha que todas aquelas persoas interesadas en colaborar poden preencher. Trátase dunha ficha na que rexistraremos todos aqueles animáis  silvestres que nos atopemos atropelados nos nosos desplazamentos cotiás. Lamentablemente, moitos destos desplazamentos son a causa dos atropelos (e de outros graves problemas mediambientais) polo que trataremos de reducilos na medida  do posible ao máximo e tentaremos facer un uso racional do noso automóvel.
Somos conscientes  de que para determinadas especies (sobre todo aquelas de pequeno tamaño) os resultados obtidos mediante a recolla de datos soltos durante os nosos percorridos  en coche resultan claramente infraestimados respecto aos dos realizados a pé. Desgraciadamente estos últimos precisan dunha amplia participación cidadá co que en moitas ocasións non é posible levalos a cabo.

FICHA
Non é obrigatorio preencher todos os apartados aínda que canto máis completa sexa a información moito mellor.
Deben respetarse en todo momento as normas de circulación non poñendo en perigo de forma ningunha a propia seguridade ou a dos demáis usuarios.

Especie: É o dato máis importante de todos e, sempre que sexa posible, anotarase  co seu nome científico. Se non fose posible identificar a especie tentaremos precisar ao máximo. Por ex. ave non identificada, paseriforme indeterminado, Turdus sp.
Sexo: En moitas ocasións as diferencias entre ámbolos sexos son facilmente recoñecibles. Se así fose, indicarémolo.
Idade: Ao igual que para o sexo en moitas especies poderemos ver claramente se se trata de adultos ou de indivíduos novos.
Estado de conservación: Se o animal faleceu recéntemente ou se atopa en avanzado estado de descomposición.
Concello/Provincia: Por ej. Verín/Ourense
Estrada: Por ex. N-541
PTO. KM.: Sempre que sexa posible anotaremos o punto kilométrico máis próximo ao lugar do atropelo.
Localidade: Anota aquí cal é a localidade máis próxima ao lugar do atropelo ou calquera outra indicación que poda ser relevante.
U.T.M.: Indicaremos as coordenadas U.T.M. 10x10 do sitio.
Hábitat principal: Tipo de hábitat  do lugar do atropelo (cultivos, fraga, zona urbán,…).
Hábitat secundario: Si é posible tentaremos precisar ao máximo. Por ex. describindo o tipo de vexetación nun radio duns 20 mts. ao lugar del atropello
Data: Formato día/mes/ano. Este proxecto iniciase agora pero, todas aquelas persoas  que dispoñan de rexistros antiguos poden envialos tamén.
Climatoloxía/Temperatura: Si detectas una mortalidad reciente (especialmente no caso de anfibios e reptiles) anota por ex. se choveu a noite anterior, se o ceo está cuberto, se fai vento,... Podes anotar tamén a temperatura (os coches modernos indícana) e se vai referida a unha hora en concreto (por ex. 18ºC a las 9:30) moito mellor.
Observador:
Outros datos de interese: Anota aquí todo o que consideres que pode ser importante (existencia de pozas ou puntos de agua nas próximidades, se fixeche un percorrido a pé.. )

Para calquera dúbida ou consulta contacta con nós.

BIODIVERSIDADE GALEGA

No hay comentarios:

Publicar un comentario