Autores

Luís Álvarez
Aprendiz de naturalista, con el corazón dividido entre mi Asturias natal y los montes del interior de Galicia.

César Ayres
Naturalista afeizoado, especialmente interesado na herpetoloxía e nas especies invasoras. Colaborador en proxectos de participación cidadá coma Biodiversidad Virtual ou Biodiversidade Galega. Tento manter un blogue sobre herpetoloxía (Asociación Herpetolóxica Galega).

Martiño Cabana Otero
Biólogo profesional e herpetólogo dedicado ó estudo da conservación e distribución dos anfibios e réptiles de Galicia. Coordino diferentes proxectos de inventario e seguimento de anfibios e réptiles entre os cales destaca o SARGA, o Atlas e Libro Vermello dos Anfibios e Réptiles de Galicia e diversos traballos de distribución dos hérpetos galegos. Son partidario da implicación da sociedade na conservación da natureza colaborando en proxectos como Biodiversidade Galego ou a través da custodia do territorio e a restauración ambiental.

Xabier Prieto Espiñeira
Naturalista afeizoado e traballador do naval nos ratos libres. Nacín e me criei en Narón, onde comezou o meu interese pola Natureza, pero resido en Ferrol desde hai moitos anos. Membro da SGHN, onde participo habitualmente nos censos de invernantes e no Atlas de hérpetos. Tamén colaboro no proxecto Sacre da SEO. Teño un blogue sobre Natureza en xeral (Bichos e demais familia), actividade que incrementou a miña afeizón pola fotografía, un terreo no que aínda teño moitísimo que aprender.

Xosé Ramón Reigada
Verín, Ourense. Considérome naturalista e fotógrafo autodidacta, complemento ambas as dúas actividades. Coma fotógrafo colaborei en publicacións bibliográficas, noutros tempos obtiven algún premio e exhibín as miñas fotos en exposicións individuais e colectivas, coa temática sempre presente da Natureza. Coma naturalista participei e participo en diversos programas de seguimento de Fauna, presento grande interese no coñecemento da Flora e do medio natural e na relación do ser humano con este. A miña principal área de campeo é o val do Támega, outras partes do surleste ourensán e a parte portuguesa cercana á raia. Son o autor do blog Verín natural.

¿Queres colaborar con Biodiversidade Galega? Ponte en contacto con nós a través do noso correo (biodiversidade.galega@gmail.com) ou asóciate ó foro enviando un correo a BiodGalicia-subscribe@yahoogroups.com.

No hay comentarios:

Publicar un comentario